O restaurante ideal para as túas comidas de grupo
En Mesón O'Campo ofrecemos as nosas instalacións para comidas e ceas de grupo para todo tipo de eventos e celebracións. No noso comedor realizamos reservas, tanto para grupos pequenos como para grandes, pois dispoñemos dunha capacidade para 40 persoas. Doutra banda, se prefires gozar da nosa comida ao aire libre, tamén dispoñemos dunha terraza exterior.
Estamos capacitados para realizar comidas e ceas por encargos, polo que se che apetece gozar dos nosos pratos na praia ou no teu fogar, só tes que chamarnos, encargalo e nós prepararémolo coa máxima rapidez.
Se queres organizar unha comida ou cea de grupos, contacta connosco. No noso restaurante en Moeche faremos que gocedes de cada ocasión.